Os días 12, 13, 14 e 15 de xuño de 2025, un fenómeno máxico apodérase de novo de cada recuncho de Lugo, a cidade máis antiga de Galicia, transformándoa por completo e enchéndoa de personaxes ancestrais que xa non deberían camiñar entre nós. Velaí a maxia do Arde Lvcvs: retroceder no tempo para gozar do noso legado cultural e histórico en primeira persoa. Mergúllate connosco na vida de Lvcvs Avgvsti, destacada urbe e unha das capitais administrativas da Gallaecia romana, e percorre o seu recinto amurallado, onde poderás gozar dun pasado máis vivo ca nunca.
Mergúllate connosco no Arde Lvcvs MMXXV