No marco das celebracións do Arde Lvcvs 2025, tivo lugar un dos actos máis simbólicos e cheos de significado: o Nomeamento de Civitas Honoris, un recoñecemento que a cidade de Lugo concede a quen, coa súa entrega e implicación, contribúe de maneira destacada ao éxito e á esencia desta festa que nos conecta co pasado romano e castrexo.
Nun emotivo acto encabezado polo César e o alcalde de Lugo, Miguel Fernández, foron homenaxeadas varias persoas e colectivos que representan o espírito de colaboración e compromiso coa cidade e coa súa cultura.
As entidades e persoas distinguidas foron:
- Asociación de Mulleres Rurais de San Bartolomeu de Insua de Vilalba.
- Asociación Corazóns Artesáns
-Residencia de Maiores da Milagrosa.
- Antón Coto Valladares, o eterno Fauno do Arde Lvcvs.
- Asociación Civitas Limicorum de Xinzo de Limia.
- María José Pena Lage, traballadora da área de Xuventude e Deportes, verdadeira alma mater do Arde Lvcvs.
No mesmo acto, o alcalde deu a benvida ás tropas chegadas desde distintos puntos da Península e de Europa, que un ano máis se suman ao Arde Lvcvs para compartir historia, identidade e celebración. As formacións participantes nesta edición inclúen:
- Federación de tropas e lexións de Carthago Nova (Cartagena)
- Legio VI Victrix de Austurica Augusta (Asturias)
- Legio VI Victrix de Bracara Augusta (Portugal)
- Collegium Emeritae (Mérida)
- Guerras Cántabras (Cantabria)
- Civitas Limicorum (Xinzo de Limia)
- Astures e Romanos de Astorga
- Hermanos de Armas de Arnedo (A Rioxa)
- Astures de Caravanzo (Asturias)
- Gaebolgh (León)
Este acto representa o recoñecemento institucional e popular a quen axuda a facer do Arde Lvcvs unha festa viva, participativa e cada vez máis internacional.