Caracterízate

Escolle o teu destino e toma parte na historia: sé romano/a, herdeiro/a do imperio e da súa orde, ou castrexo/a, defensor/a da terra e das súas raíces, e fai que o Arde Lvcvs cobre vida a través da túa caracterización, nunha cidade que volve ao seu pasado para converterse en lenda.

Adéntrate no espírito de Arde Lvcvs e convértete nun habitante máis da antiga Lvcvs Avgvsti.

Durante estes días, a cidade deixa atrás o presente para renacer como un escenario vivo da historia, onde cada rúa, cada praza e cada recuncho cobran vida a través das súas xentes. Sexas cidadá/án romano/a ou membro dun castro, o coidado polos detalles marcará a diferenza. Tecidos, cores, formas e accesorios axudarán a construír unha imaxe fiel á época, permitindo que a ilusión colectiva se manteña viva.

Porque en Arde Lvcvs, cada persoa conta, e cada elección suma para dar forma a esta celebración histórica.

Caracterización dunha guerreira de Salesiani

Vestimenta

Os/as romanos/as lucen túnicas sinxelas e elegantes con saias longas, capas e accesorios de xoiería.

Os/as castrexos/as levan prendas máis rudas e abrigosas, propias do pobo do norte, e cores da terra como marróns e verdes.

Complementos

Son os pequenos detalles os que fan crible a túa historia:

  • · Cintos de coiro.
  • · Bolsas de tea ou pel.
  • · Xoias sinxelas e pezas artesanais.
  • · Capas que acompañen o teu camiño.

Estilismo

O coidado do cabelo e da barba completa a túa transformación:

  • · Trenzas, recollidos ou cabelo ao natural
  • · Adornos discretos: cordóns, fibelas, pequenas pezas
  • · Barbas naturais ou ben coidadas

Para que a maxia do Arde Lvcvs sexa completa, a caracterización é a nosa mellor aliada. Cruzar as portas da muralla esixe vestir con rigor e alma, e para logralo, Lvcvs Avgvsti conta cunha rede de artesáns, tendas e estilistas que dominan a arte da transformación. Desde o corte de cabelo máis bravo de inspiración castrexa ata as túnicas máis elegantes do patriciado romano, nestes establecementos atoparás todo o necesario para deixar atrás o presente e converterte nun auténtico habitante do noso pasado.

Prepara o teu equipo e que comece a metamorfose!

Vestimenta e accesorios

MISS QUECKA

Agarimo e Miss Queka

Rúa San Roque, 175

corazons artesans

Corazóns artesáns

rúa Monte Faro, 2

DON BOTÓN

Av. da Coruña, 184

entre fíos

Rúa Nova, 111

FADAS LUGO

rúa Monte Faro, 2

LASCOSASDEHERMINIA

Las cosas de herminia

AV. DAS FONTIÑAS, 211

maria tacon

MARÍA TACÓN

RÚA CASTELAO, 59

METEORA

METEORA

RÚA MONTEFARO, 179

NOVA RUA

NOVA RÚA ARTE

Rúa Nova, 114

TIXART

TIXART

ONLINE

TODOTELAS

todo telas

av. da coruña, 30

TU MODISTA

Rnda. das fontiñas, 45

UN AMOR DE BOTÓN

RÚA MONTEVIDEO, 3

unHa de romanos

RÚA DO MIÑO, 32

YUTECREA

Rúa Nova, 50

Estilismo e salóns de peiteado

ALUMA

Aluma

Campo castelo, 1

avalon

Rúa Santo Graal, 11

Lodia

Campo Castelo, 44

miriamsouto

miriam souto

Rúa Camiño Real, 148

NATALIA

natalia estilistas

R. Angelo Colocci, 32

A túa tenda ou negocio non aparece?

As nosas lexións e clans sempre andan na procura do mellor equipo para lucir con orgullo. Se tes un establecemento de artesanía ou caracterización en Lvcvs Avgvsti e cres que o teu nome debería figurar nesta listaxe de recomendacións escríbenos a lucusarde@gmail.com para que poidamos incluírte no noso mapa de subministracións e que ningún/ha habitante quede sen a súa vestimenta de gala.