Lugares de interese

Contan os vellos relatos que quen chegaba a Lvcvs Avgvsti non atopaba só murallas, senón acubillo para o corpo e descanso para a alma.

Un viaxeiro romano escribiu que, tras cruzar a cidade amurallada, foi conducido ás termas, onde a auga quente lle devolveu as forzas. Despois, no foro, compartiu novas e camiños con outros viaxeiros baixo a mirada tranquila da urbe.

Lugo ofrece unha ampla rede de museos e centros de interpretación que permiten coñecer e comprender a súa historia desde múltiples perspectivas. Son espazos pensados para aprender, interpretar e profundar no pasado da cidade de forma accesible, complementando o percorrido polas súas rúas e monumentos.

O Centro de Interpretación da Muralla, o MIHL, a Domus do Mitreo, o Centro Arqueolóxico de San Roque ou Porta Miñá achegan o legado romano e a evolución urbana de Lugo, mentres que espazos como o Centro Cultural O Vello Cárcere, o Museo Provincial e o Museo Diocesano e Catedralicio amplían a visión cultural con propostas que combinan historia, arte e exposicións contemporáneas. Unha rede cultural viva que converte

Lugo nunha cidade para descubrir tamén desde dentro.

Os museos de Lugo non só gardan obxectos: moitos deles están construídos sobre a propia historia que explican.

O casco histórico de Lugo é un espazo onde as capas de tempo se superpoñen.

Aquí atópanse restos como a piscina romana de Santa María, restos do acueduto en San Marcos ou mosaicos en Doutor Castro. As prazas de Santa María, do Campo, Maior ou Campo Castelo, xunto ás rúas da Raíña, Progreso ou San Marcos, seguen o trazado dunha cidade con orixe romana.

Entre os edificios históricos destaca a Igrexa de San Froilán, patrón da cidade, de estilo barroco, así como a capela de San Roque.

A Igrexa de San Pedro, antiga parte dun convento, conserva espazos como o claustro, a cociña e o refectorio, hoxe integrados no Museo Provincial.

A Igrexa de Santo Domingo, exemplo do gótico mendicante, forma parte da antiga tradición conventual da cidade.

O Vello Cárcere, construído no século XIX como cárcere modelo de tipo panóptico, é hoxe un dos principais centros culturais de Lugo.

A cidade tamén se entende fóra dos edificios, nos seus espazos naturais e arqueolóxicos.

As Termas romanas, xunto ao Miño e preto da ponte romana, conservan restos do antigo balneario da cidade.

As ventás arqueolóxicas permiten ver o Lugo oculto: a piscina romana de Santa María, restos do acueduto en San Marcos, muros antigos baixo Santo Domingo ou mosaicos en distintos puntos do centro.

O Parque de Rosalía de Castro ofrece un espazo verde no corazón urbano, mentres que a Vía XIX e a Ponte Romana conectaban Lvcvs Avgvsti con Bracara Augusta, seguindo un trazado que aínda pode percorrerse parcialmente desde a Porta Miñá ata o Miño.

Fóra da cidade, o territorio conserva dous dos seus grandes referentes históricos.

O Castro de Viladonga é un dos mellores exemplos da cultura castrexa, cunha antiga aldea fortificada e un museo propio que explica a vida prerromana en Galicia.

O Templo romano de Santalla de Bóveda é un dos monumentos máis singulares da península: un espazo con piscina central e pinturas murais tardo-romanas, vinculado a cultos antigos ás augas.

Servizos para a cidadanía

Ao longo dos séculos, Lugo consolidouse como unha cidade pensada para acoller e facilitar a vida de quen a habita e visita, e hoxe os seus servizos continúan esa mesma idea antiga de orde e hospitalidade que xa distinguía a Lvcvs Avgvsti.

Aparcamentos

Lugo conta con diferentes opcións de aparcadoiro, tanto en superficie como subterráneo, distribuídas por toda a cidade, especialmente preto do centro histórico e das principais zonas de interese.

Transporte

A cidade ofrece un sistema de mobilidade práctico, con liñas de autobús urbano que unen os distintos barrios e zonas clave, ademais de servizo de taxi.

Estación de autobuses
982 223 985

Taxi
982 21 33 77

Sanitario

Lugo conta co Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA), situado na zona norte e accesible en coche e en autobús urbano, ademais de centros de saúde con atención continuada e chamadas ao 061.

Policía

Para a seguridade cidadá, Lugo conta con presenza de Policía Nacional (091), Policía Local (092) e Garda Civil (982 22 13 11).

En caso de emerxencia pódese chamar ao 112, número xeral de atención inmediata, dispoñible as 24 horas.

Puntos violetas

Durante o Arde Lvcvs actívanse puntos violeta en distintos espazos céntricos da cidade, destinados a ofrecer información, apoio e atención ante situacións de acoso ou violencia de xénero.

Información

Os puntos de información turística de Lugo son principalmente;

Oficina Municipal de Turismo
982 251 658

Concello de Lugo
010

Lugo vívese: festas, gastronomía e cidade

En Lugo, a cultura e a tradición celebranse con intensidade. As súas festas destacan a nivel nacional e internacional.

San Froilán

Festa de Interese Turístico Nacional

O San Froilán é unha das festas máis importante da cidade de Lugo e unha das celebracións tradicionais máis coñecidas de Galicia. Celébrase normalmente a principios de outubro e reúne a milleiros de persoas durante varios días cheos de música, actividades culturais e ambiente festivo. As rúas énchense de concertos, barracas, desfiles e casetas do polbo, un dos símbolos máis típicos destas festas. Ademais, o San Froilán ten unha gran importancia cultural e turística para a cidade, mantendo vivas as tradicións galegas cada ano.

Caudal Fest

A última gran festa do verán

O Caudal Fest é un festival de música que se celebra cada ano en Lugo, xunto ao río Miño, a finais de setembro, antes de que remate o verán. Dende a súa creación en 2018, converteuse nun dos eventos musicais máis importantes de Galicia e na última gran festa do verán. Reúne milleiros de persoas e conta con artistas destacados do panorama nacional de pop, rock e indie. Ademais da música, o festival impulsa o turismo e a vida cultural da cidade, creando un ambiente festivo e moderno para todos os asistentes.

Lugo nun só prato

A experiencia en Lugo tamén se vive a través da súa gastronomía.

Propoñémosche descubrir produtos locais de calidade, gozar do tapeo e degustar unha cociña que combina tradición e creatividade contemporánea. Un bo punto de partida é a Zona de Viños no Casco Histórico, cuxo centro neurálxico, a Praza do Campo, é un espazo perfecto para probar os principais viños galegos de Denominación de Orixe Ribeira Sacra, Rías Baixas, Ribeiro, Monterrei e Valdeorras.

Pero Lugo conta tamén con outras zonas de gran atractivo gastronómico, como o barrio de Recatelo, coñecido polo seu ambiente moderno e pola variedade de locais de tapas e restauración; o barrio da Milagrosa, na zona norte da cidade, cunha ampla oferta tradicional e popular; e a zona nova próxima ás universidades, onde se concentra unha proposta máis actual e dinámica frecuentada por estudantes e visitantes.

A cidade invita a percorrer as súas prazas, rúas e mercados, e a mergullarse na vida cotiá, onde sempre hai algo que celebrar, probar ou compartir.