Este xoves tamén tivo lugar a Comisión de Festas do Arde Lvcvs, onde Carmen Basadre avanzou a situación dos pregos referidos á contratación da producción e á seguridade nestes festexos, valorados nuns 58.596 e 17.000 euros, respectivamente.
Así mesmo, a Concelleira informou do cambio de ubicación das asociacións de recreación histórica que formaban a Castra de Lucus Augusti, situada no Carril dos Fornos. Nesta nova edición distribuiranse polo Parque de Rosalía, a Praza Anxo Fernández Gómez e o aparcadoiro do seminario. Na mesma liña, os restaurantes trasladaranse todos á Praza de Bretaña.
No Arde Lvcvs, como vén sendo habitual, participarán todos os grupos de teatro de Lugo, tanto con obras propias como dirixindo unha actuación para a inauguración dests festexos, que terán lugar os días 15, 16 e 17 de xuño.