Fondo de la web Logotipo Arde Lucus Logotipo Concello de Lugo
Listado de los idiomas
       

Arde Lvcvs 2024

A alcaldesa Paula Alvarellos anuncia que o Concello de Lugo ía homenaxear á figura de Manuel López Guitar, coñecido popularmente como Guiti, elixindo un deseño seu como cartel do Arde Lvcvs 2024. O socio-fundador da asociación Pax Romana, falecido en decembro de 2023, tiña preparada unha ilustración para participar no concurso de carteis, que finalmente foi seleccionada, a petición dos colectivos de recreación histórica da cidade.

Consolídase o título de Festa de Interese Turístico Internacional e volveron as tabernae, modelo de oferta gastronómica pre-pandemia. Ademais, os Xogos Píticos, representación deportiva das Olimpíadas na honra do deus Apolo, foron unha das novidades deste ano.

Na Palestra, diferentes grupos deportivos adaptaron os deportes actuais ás disciplinas da Antiga Roma, amosando as habilidades das persoas alí presentes.

Este ano a alcaldesa Paula Alvarellos condecorou ás distintas escolas lucenses coas Insignivm Scholarvm, colocando unha insignia nos seus estandartes como símbolo de recoñecemento. 

Outro ano máis, o Arde Lvcvs consolídase como un dos eventos máis destacados do calendario cultural e histórico, chegando a ter unha gran afluencia de lucenses e, cada vez máis, de visitantes foráneos.