Arde Lvcvs 2023
Na primavera de 2023, a 99 días da súa vixésimo segunda celebración, o Arde Lvcvs conquista o recoñecemento que lle faltaba, a declaración de Festa de Interese Turístico Internacional. Trátase dun galardón que avala a celebración lucense como unha cita única en España polo seu compoñente histórico, cultural, lúdico e dinamizador. Ademais, coincidindo coa celebración de FITUR (Feira Internacional de Turismo), as tropas romanas e tribos castrexas fixeron un paseo imperial por Madrid e o espírito do Arde Lvcvs inundou as rúas da capital.
Entre as principais novas, figura a elaboración do graffiti da guerreira castrexa “Copora” na Rolda da Muralla, obra que, seguindo a estela do seu compañeiro “Caio Julio César”, acada sona mundial converténdose no mellor graffiti do mundo do mes de xuño, segundo a comunidade Street Art Cities.
Presentouse un programa que reuniu preto de 400 actividades, destacando actos conmemorativos da festa do San Xoán. Así mesmo, a ocupación hoteleira alcanzou datos pre-pandemia, consolidando unha das datas máis importantes do calendario local, autonómico e nacional.