Fondo de la web Logotipo Arde Lucus Logotipo Concello de Lugo
Listado de los idiomas
       

Arde Lucus 2022

XXI

Edición

Tras dous anos de pandemia coa chama a medio gas, o Arde Lvcvs regresa con todo o seu esplendor baixo a dirección do novo Concelleiro de Xuventude Mauricio Repetto. A edición de 2022, que acolle unha programación de máis de 400 actividades, ademais de ser a máis agardada, é a máis patrocinada da historia.

A organización Mujeres para el Diálogo y la Educación (MDE) premia, en FITUR, ao Arde Lvcvs co galardón como destino turístico “Tourism Women Friendly” pola visibilización das castrexas e o protagonismo das mulleres nesta festa de recreación histórica. Esta é unha edición moi ilusionante coa que o Concello de Lugo focaliza os esforzos dos últimos anos para acadar o distintivo de Festa de Interese Turístico Internacional.

A principal singularidade é o espectáculo de realidade aumentada na Mosqueira, inédito en Galicia e en España e que tematiza en tempo real a época de esplendor de Lugo no s. I, recreando a Muralla na súa altura orixinal.