Fondo de la web Logotipo Arde Lucus Logotipo Concello de Lugo
Listado de los idiomas
       

Arde Lucus 2020

Despois de que o 13 de marzo de 2020, o goberno de España decretara o Estado de Alarma pola pandemia da Covid19, a organización do Arde Lvcvs, coma a de calquera outro evento presencial, viviu momentos de incerteza. Despois de moito traballo de conceptualización da Concellería de Xuventude, liderada por Ana Abelleira, empezaba a edición de transición máis virtual da historia!

Co fin de manter vivo o espírito do Arde Lvcvs, durante as datas de celebración previstas para esta edición, realízanse medio centenar de actos e actividades baixo o cancelo #QueNonSeApagueOLume. É baixo este paraugas que as redes sociais da festa despegaron e deron un salto internacional. As asociación implícanse na gravación de vídeos para a súa difusión nas redes sociais, o lume sagrado ilumina a torre do edificio do Concello, proxéctase un videomapping nocturno con imaxes doutras edicións e realízanse actividades de carácter solidario e de lembranza das vítimas da Covid19.

Será a primeira edición para Kertix, que naceu para representar a época de paz na que destacou a boa convivencia entre romanos e castrexos, adicándose sobre todo á divulgación da artesanía e da arte romana.