Arde Lucus 2019
O Arde Lvcvs chega á súa décima oitava edición reafirmando o seu gran poder de convocatoria e impacto económico e consolidándose como un sinal de identidade, orgullo e posta en valor do patrimonio a través dun programa ambicioso que recolle 380 actividades romano-castrexas, todas elas organizadas coa rigorosidade que xa caracteriza a esta festa de recreación histórica.
A familia aumenta nesta edición cunha nova asociación de recreación histórica lucense, símbolo de forza e loita: Lvcvs Icenas Miliatore, composta por 11 mulleres, representa á raíña Boudica quen liderou aos pobos celtas britanos contra o asedio romano, gañando varias batallas.
O Arde Lvcvs conmemorou a súa maioría de idade a través dunha exposición sobre a súa historia, unha mostra fotográfica con material tanto do propio Concello como do achegado polas distintas asociacións de recreación histórica de Lugo.