Arde Lucus 2004
O Arde Lucus, comezou a súa andaina no ano MMII ligado ao solsticio de verán e cun obxectivo primordial: rememorar a fundación da nosa cidade recreando o seu pasado romano. Conxúganse os aspectos lúdicos e culturais, coa maior rigorosidade histórica posible. O centro histórico amurallado transfórmase, cada ano durante tres días, en Lucus Augusti, destacada urbe da Gallaecia romana, ofrecendo aos que a visitan un completo programa de actividades, nun marco incomparable como é a Muralla, que cobra durante a festa un especial protagonismo.
Sen dúbida, a nosa cidade ofrece o marco idóneo para este tipo de festa. Outro elemento crave que non podemos esquecer é a implicación das súas xentes, os axentes sociais, colexios, asociacións, clubs deportivos, ... Xa sexa con roupas romanas ou castrexas, toman as rúas durante todo o fin de semana, participando activamente no espírito da festa.
Grazas ao esforzo conxunto do goberno local, da cidadanía, das asociacións de recreación histórica e de diversos organismos privados que colaboran a través do seu patrocinio, o Arde Lucus fué crecendo, convertiéndose nunha conxugación perfecta entre lecer e cultura, nun referente a nivel nacional, cunha gran repercusión mediática e de afluencia de público, e consolidándose de tal maneira que no seu décimo aniversario ( MMXI) logrou o recoñecemento como Festa de Interese Turístico Galego.