Fondo de la web Logotipo Arde Lucus Logotipo Concello de Lugo
Listado de los idiomas
       
O Vello Cárcere convértese en \"campamento fortificado cultural\" con novas conferencias sobre o Arde Lvcvs e a Antiga Roma

04-06-2019

Enmarcadas nos relatorios organizados pola Cohors III Lucensium no Arde Lvcvs Cvltvral, esta tarde é a quenda do arqueólogo municipal Enrique González, que falará sobre a Morte e sociedade no Lugo Romano

Mañá dirixirá a charla o arqueólogo Iván Álvarez. Xoves, venres e sábado tamén haberá conferencias, da man da Directora do Museo Privincial de Lugo, e dos arqueólogos Enrique Alkorta e Ceslo Rodríguez

Este sábado, o Arde Lvcvs Cvltvral celebrará o último paseo con Paulo Fabio Máximo e o Liberto Jávicus, cun percorrido pola Calzada Romana, a Ponte Romana e o Balneario. Para participar é precisa inscrición

Nesa mesma xornada, ás 19:00 horas, terá lugar a obra teatral A conxura senatorial, a cargo da asociación de recreación histórica Senatus Lucus Augusti, no Balneario de Lugo

Arde Lvcvs Cvltvral, que nos últimos días, dentro da programación de actividades de inspiración romana e castrexa, puxo en marcha o X Ciclo de Conferencias da Cohors Lucensium, continúa ofrecendo esta semana varios relatorios sobre a temática da historia da Antiga Roma

Tras o relatorio do historiador Felipe Arias e do catedrático de xeografía Rubén Camilo Lois González a pasada semana, esta tarde é a quenda do arqueólogo municipal Enrique González, que falará sobre a Morte e sociedade no Lugo Romano. Mañá dirixirá a charla o arqueólogo Iván Álvarez, sobre A minería aurífera romana nas montañas do Caurel. Xoves, venres e sábado tamén haberá conferencias, da man da Directora do Museo Privincial de Lugo, Aurelia Balseiro, e os arqueólogos Enrique Alkorta e Ceslo Rodríguez; que centrarán as súas conferencias sobre a Terra auri. Ouro e ourivería antigaCerámica e numimática romana e o Templo de Mitra.

A programación de conferencias continúa o vindeiro martes e mércores, 11 e 12 de xuño, coa escritora Ana Mar Fraga, a licenciada en dereito Beatriz Pelayo, o escritor Daniel Cuadrado e o arqueólogo Marco Almansa. Pechará esta programación o concerto de Abraham Cupeiro. Todas as conferencias son ás 20:00 horas no Vello  Cárcere. A entrada é libre ata completar a cabida.

Outra programación

Este sábado, 8 de xuño, esta mesma programación do Arde Lvcvs Cvltvral celebrará o último paseo con Paulo Fabio Máximo e o Liberto Jávicus, cun percorrido pola Calzada Romana, a Ponte Romana e o Balneario. O punto de partida é o miliario da Praza Armañá, ás 17:00 horas. Para participar nesta andaina, aínda que a inscrición é de balde, é preciso anotarse no 010.

Nesta mesma xornada, ás 19:00 horas, terá lugar a obra teatral A conxura senatorial, a cargo da asociación de recreación histórica Senatus Lucus Augusti, no Balneario de Lugo.