Fondo de la web Logotipo Arde Lucus Logotipo Concello de Lugo
Listado de los idiomas
       
Mercenarios Galaicos porá en circulación mil moedas para o Arde Lucus 2024

30-05-2024

Mercenarios galaicos presentaron a moeda oficial castrexa da MMXXIV edición do Arde Lucus, homenaxeando aos soldados da fortuna que cruzaron os Alpes a soldo de Aníbal. A moeda é unha reprodución das utilizadas polos Parisii, que foron asentados a mediados do século V a.C. á beira do río Sena, nos terreos nos que máis tarde se construiría a cidade de París. O anverso mostra un cabalo saltando cara á esquerda cunha rede estrelada sobre el. 

Sairá á venda por un valor simbólico de 2€ e estará dispoñible nos establecementos que colaboren coa asociación:
  • Yute (Rúa Nva, 48)
  • Predio.es (Salvador de Madariaga, 3 under)
  • Campamento de Mercenarios Galaicos durante Arde Lvcvs 2024