Fondo de la web Logotipo Arde Lucus Logotipo Concello de Lugo
Listado de los idiomas
       
Arde Lvcvs 2024 consolida a súa proxección internacional cunha masiva afluencia de público e unha crecente participación de colectivos de recreación histórica

18-06-2024

Ao longo da celebración repartíronse 3.000 programas da festa en Inglés e 12.000 en castelán, cifras que igualan os 15.000 distribuídos en galego, fito que constata unha crecente afluencia de público procedente de fóra de Galicia.

A ocupación hostaleira foi dun 100%, estímase unha participación superior ás 200.000 persoas e o retorno económico do evento supuxo un impulso para sectores como o hostaleiro, o comercio local, a distribución alimentaria ou os transportes persoais.

Ao longo da festa o Servizo municipal Luce Lugo retirou máis de 400.000 kg de residuos e durante o desenvolvemento das 300 actividades non se rexistrou ningún incidente de seguridade grazas ao dispositivo organizado segundo o  Plan de Autoprotección.

A festa medra na esfera dixital, esta edición foi a que máis repercusión acadou na historiaO alcance total de publicacións supera os 850.000 impactos, o que supón un incremento sobre o ano pasado superior ao 40%. Respecto ás visualizaciones, rozouse o millón.

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, valorou esta mañá o éxito de participación da XXIII edición do Arde Lvcvs.  “No seu segundo ano como festa de Interese Turístico Internacional, o Arde Lvcvs  consolida a súa proxección máis aló das nosas fronteiras. Aqueles que tiveron a oportunidade de pasear polas rúas da cidade durante esta fin de semana  poideron comprobar a afluencia masiva de público, que gozou coas máis de 300 actividades programadas.”, señalou a rexedora.

De feito, ao longo da celebración repartíronse 3.000 programas da festa en Inglés e 12.000 en castelán, cifras que igualan os 15.000 distribuídos en galego, fito que constata unha crecente afluencia de público procedente de fóra de Galicia. Non en balde, a ocupación hostaleira na cidade foi dun 100% e estímase unha participación superior ás 200.000 persoas no evento. Pola súa banda, o retorno económico da festa de recreación histórica supuxo un impulso para sectores como o hostaleiro, o comercio local, a distribución alimentaria ou os transportes persoais. En canto á hostalería o colectivo provincial indicou que a ocupación foi próxima ao 100% o sábado e moi alta nas xornadas do venres, a pesar de ser día laborable, e o domingo, cando a climatoloxía non acompañou.

Arde Lvcvs medra tamén na esfera dixital, a edición deste ano foi a que máis repercusión alcadou na historia da festa. O número de persoas seguidoras supera esta edición os 50.000, sumando nun total de cinco redes sociais (Instagram, Facebook, Twitter, TikTok e Youtube) as/os 52.414 usuarias/os, acadando 9.000 seguidores mais con respecto á edición anterior. O alcance total de publicacións supera os 850.000 impactos, o que supón un incremento sobre o ano pasado superior ao 40%. Respecto ás visualizaciones de video e reels, rozouse o millón, cun total 964.968 reproduccións. Ademais, apreciase un incrmento do alcance internacional, xa que os contidos chegaron a países tan diversos como: Portugal, Bolivia, Arxentina, Brasil, México, Estados Unidos, Costa de Marfil, Reino Unido, Grecia, Nigeria e Andorra, entre outros. “Trátse dun traballo de proxección da imaxe da nosa cidade impresionante cuxas cifras falan por se mesmas”, dixo Alvarellos.

Un Arde Lvcvs limpo e sen problemas de seguridade e convivencia

Durante o evento o Servizo municipal  de limpeza Luce Lugo retirou máis de 400.000 kg. De residuos a través dun dispositivo especial no que participaron 94 persoas operarias e 43 vehículos. Este traballo que se realizou desde as 6 horas da mañá para que as rúas e prazas da cidade atopásense en perfecto estado á primeira hora da mañá das do venres, sábado, domingo e luns. Ademais,  durante o desenvolvemento das máis 300 actividades non se rexistrou ningún incidente de seguridade grazas ao dispositivo organizado segundo o  Plan de Autoprotección, no que estaban involucrados servizos municipais como o de Protección Civil, Bombeiro ou Policía local e que xestionou o control de aforos  ou a seguridade, entre outros labores. 

“Estas cifras non só sitúanos entre as festas de recreación histórica con maior proxección da Península Ibérica  por participación e número de actividades programadas, senón que tamén fala da excelencia na organización deste evento masivo. Algo que sen dúbida contribúe a aumentar a proxección e a reputación do Arde Lvcvs. Esta edición contamos con 16 asociacións de recreación histórica foráneas que se sumaron as 19 locais. Un total de 35 colectivos de lugares como Rumanía, Portugal Xaén o Cartaxena”, sinalou a rexedora que non quixo concluír o seu balance sen agradecer o traballo de organización desenvolto por parte da área de Xuventude do Concello de Lugo e dos colectivos de recreación histórica da cidade. “Sen a súa entrega, compromiso e devoción polo que significa Arde Lvcvs para os lucenses e as lucenses  sería imposible chegar a estas cotas de éxito”, concluíu.