Fondo de la web Logotipo Arde Lucus Logotipo Concello de Lugo
Listado de los idiomas
       
Máis de 3.000 participantes no desfile dos colexios marcan o arranque da última xornada do Arde Lvcvs

17-06-2018

Milleiros de nenos e nenas de 21 centros educativos de Lugo e dos seus pais e nais, en total máis de 3.000 persoas, participaron este domingo no xa tradicional desfile dos colexios polas rúas da cidade, dentro da programación do Arde Lvcvs, que, un ano máis, viviu un esplendoroso arranque da súa última xornada con este multitudinario acto, no que tomou parte a Alcaldesa, Lara Méndez.

Os colexios participantes foron os seguintes: A Ponte, Divino Maestro, Anexa, Casás, As Mercedes, Divina Pastora, Luis Pimental, Paradai, Sagrado Corazón, Menéndez Pelayo, Cervantes, EEI Fingoi II, Rosalía de Castro, Albeiros, San José, La Inmaculada, A Milagrosa, Virxe da Soidade, Illa Verde, María Auxiliadora e Quiroga Ballesteros. Foron acompañados polas agrupacións musicais Son de Lugh e Devandoira.

As máis de 350 actividades do Arde Lvcvs concluirán esta tardes, ás 20.30 horas, co acto no que as Vestais preservan no fogo sagrado at ao vindeiro ano.