Fondo de la web Logotipo Arde Lucus Logotipo Concello de Lugo
Listado de los idiomas
       
Lugo pecha as contas do Arde Lvcvs cun superávit de 53.000 euros

09-07-2018

Carmen Basadre proporcionou estes datos nun novo exercicio de transparencia do Goberno. Os ingresos destes festexos, que conseguiron o Selo do Ano Europeo do Ano Cultural, ascenderon a 442.513€ e os gastos, a 389.469€

O Goberno deu conta este luns do orzamento do Arde Lvcvs 2018, que deixa un superávit de 53.000 euros. Así o deu a coñecer a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, quen proporcionou estes datos durante a xuntanza da Corporación Municipal para dar conta destes festexos, que conseguiron este ano o Selo do Ano Europeo da Cultura, distinción que tamén comparte a programación do Arde Lvcvs Cvltvral.

Segundo a información achegada pola edil nun novo exercicio de transparencia do Goberno, os ingresos (442.513,28 euros), procederon das seguintes fontes: Concello: 300.000 euros -partida contemplada nos orzamentos-, Deputación de Lugo: 18.000 euros, Xunta: 25.000 euros, e patrocinadores, 47.500 euros; entre Coca-Cola, Monbus, Urbaser, Estrella Galicia, Gestagua, Gadisa, Abanca, Regina Viarium, Calfensa, Tableros Hispanos, Forus, Hervey e Abanca. En ingresos tamén figuran as incorporacións polo Macellum, 26.702,96 euros, polas tabernas, 12.417,20 eruos e polos postos de comida, 2.351,12 euros. Pola venda de entradas dos tres espectáculos de pago -Circo Romano, Harpastvm e Divinivm-, ingresáronse 10.542 euros.

En canto aos gastos (389.469€), foron os seguintes: asociacións de recreación histórica, 93.600 euros, produción: 58.596,60 euros, seguridade: 18.236,981 euros, electricidade, 14.502€, espectáculos: 107.742,80 euros, teatro, 11.700 euros, aloxamentos: 15.863 euros, e outros, como cartelería e programas: 79.228,59 euros.

Audio