Fondo de la web Logotipo Arde Lucus Logotipo Concello de Lugo
Listado de los idiomas
       
Lugo celebra o Arde Lvcvs MMXVIII, o máis participativo ata o momento

15-06-2018

A cidade ofrece estes tres días unha volta a Lvcvs Avgvsti a tráves de máis de 350 actividades, dirixidas a un público de todas as idades, sendo o 90% novidosas; organizadas polo Concello e as 17 asociación de Lugo involucradas ao máximo nestes festexos, declarados de Interese Turístico Nacional

O son dos tambores da Guardia Pretoriana, na apertura simbólica das portas da Muralla de Lugo, marcou a apertura do Arde Lvcvs MMXVIII, o máis participativo ata o momento. Posteriormente, a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, o Presidente da Deputación, Darío Campos, e as Concelleiras de Cultura e Benestar Social, Carmen Basadre e Ana Abelleira, acompañadas de pandeiretas, tambores e gaitas inauguraron o Macellvm e a Castra, que este ano estrea emprazamento, no Parque de Rosalía de Castro. Alí participaron nos actos de aniversario de Lugdunum, asociación de recreación histórica que este ano cumpre 10 anos de vida, xunto Terra Copora e Tig Na N`og.

A cidade ofrece estes tres días unha volta a Lvcvs Avgvsti a tráves de máis de 350  actividades, dirixidas a un público de todas as idades, sendo o 90% novidosas; organizadas polo Concello e as 17 asociación de Lugo involucradas ao máximo nestes festexos, declarados de Interese Turístico Nacional.

Nesta primeira xornada, ás 20:00 horas, terá lugar a entradas de lexións pola Ponte Romana e unha ofrenda ás ninfas no Balneario de Lugo. Entre as novidades de hoxe figura o espectáculo da fundación da cidade, de mans das asociacións de recreación histórica de Lugo. Por segundo ano celebrarase o torneo de Harpastvm e a carreira Mvrvs Lvcis, que enfrontará a romanos e castrexos polo adarve da Muralla.

O Arde Lvcvs, de Lugo para o mundo

O Arde Lvcvs protagonizará ao longo desta fin de semana diversos programas especiais en directo realizados por distintos medios de comunicación, tanto en televisión como en radio. En concreto, o sábado retransmitirá, ao longo de dúas horas, de 12:00 a 14:00 horas, e por segunda vez dende estes festexos, Radio Lugo- Cadena Ser, a nivel provincial, dende os soportais da Casa Consistorial. Juan Carlos Rodríguez e o seu equipo achegarán aos máis 55.000 oíntes o ambiente desta festa en vivo, con distintas curiosidades da época romana e a castrexa.

A TVG ofrecerá tamén este sábado á tarde unha nova edición do programa Aquí Galicia. As cámaras do programa pasearán polas rúas do casco antigo da cidade, que se enchen de actividades e miles de visitantes. Aquí Galicia contará cun escenario Praza de Augas Férreas, que acollerá baile e música.

A audiencia trasladarase á Epoca Rormana e coñecerá mellor a cidade de Lugo visitarán a Muralla e varios xacementos arqueolóxicos e mosaicos, así como o río, a Ponte e as Terma Romanas. O espazo presentado por Lucía Rodríguez, Bernando Montaña e Juan Fuentes, tamén terá un punto gastronómico. Nesta mesma canle, o programa de Galicia Viva e A Revista tamén se fixo oco dos festexos, ademais doutras televisións como V Televión, TVE e La Sexta. Foron tamén distintas radios as

Para o Goberno de Lugo estas emisións supoñen catapultar a Lugo para todo o mundo, pois algúns destes programas se retransmiten tamén pola canle internacional, unha oportunidade brillante para amosar o patrimomio que atestoura Lugo.

Esta promoción súmase a outras iniciativas de difusión que levou a cabo o Concello, como a levada a cabo na revista de Renfe, que se distribúe en todas as rutas, unha publicación para 30 millóns de viaxeiros, tal e como manifestan eles mesmos; ou nas de Air Eruopa, que se distribúe a bordo de todos os seus voos, con máis de 1.400.000 lectores ao mes e a de Iberia, distribuído en todos os avións, con máis de 600 voos diarios e con 1,9 millóns de lectores mensuais. Viajar con Hijos e a revista Paradores foron outras das escollidas para promover estes festexos, dos que se facilitou información a todas as oficinas de turismo españolas, así como noutros puntos do mapa, como por exemplo Canadá. Xunto co Eixo Atlántico e a Federación Europea de Manifestacións Históricas, o Concello tamén difundiu o Arde Lvcvs.

Máis información en www.ardelucus.com ou www.lugo.gal