Fondo de la web Logotipo Arde Lucus Logotipo Concello de Lugo
Listado de los idiomas
       
A concelleira de Xuventude avanza as datas do Arde Lvcvs 2020, que se celebrará do 25 ao 28 de xuño

14-09-2019

Ana González Abelleira destacou que trabállase en impulsar a proxección internacional do Arde Lucus co fin de acadar a distinción de Festa de Interese Turístico Internacional.

A concelleira de Xuventude, Ana González Abelleira, anunciou hoxe tras a Xunta de Goberno Local as datas do Arde Lvcvs 2020, que se celebrará do 25 ao 28 de xuño.

O alcance social, turístico e económico que xera esta festa que é xa de Interese Turístico Galego e Nacional é o motivo polo cal o Concello de Lugo anuncia as datas de maneira temprana, así os veciños e veciñas, hostaleiros e  asociacións e colectivo que fan posible esta celebración poidan traballar e facer as súas reservas coa suficiente antelación. Tamén pensando nos milleiros de persoas que se achegan ese longo fin de semana a gozar da transformación da nosa cidade, que retrocede no tempo para pór en valor o legado cultural e histórico de Lugo.

A concelleira Ana González Abelleira avanzou que este ano seguirase a potenciar tanto novas actividades como a proxección internacional desta festa, xa que se están dando os pasos necesarios para que sexa distinguida como Festa de Interese Turístico Internacional, un dos obxectivos do Goberno de Lara Méndez.

A edil xa mandou unha carta aos colectivos implicados na festa para anunciarlles as datas e darlles as grazas como concelleira que toma o relevo da organización polo seu traballo continuado, que permitiu que o Arde Lucus chegue súa XIX edición con máis vida que nunca.