Fondo de la web Logotipo Arde Lucus Logotipo Concello de Lugo
Listado de los idiomas
       
Xuventude anuncia novas actividades dentro da programación do Arde Lvcvs Cvltvral

28-09-2020

A concelleira de Xuventude, Ana González Abelleira, anunciaba hoxe, un ciclo de ponencias que amplian as actividades dentro da programación do Arde Lvcvs Cvltvral. Serán un total de catro  conferencias organizadas polo Concello de Lugo e Cohors III Lucensium, que terán lugar os dias 30 de cada mes ata decembro ás 20.00 horas nas instalacións do Vello Cárcere.

Ponencias do Arde Lvcvs Cvltvral

30 de  setembro

  • Antonio Rodríguez Colmenero.Cadeirádego emérito e profesor investigador ad honorem da USC. 
  • O FARO ROMANO DE BRIGANTIUM FLAVIUM E A SÚA RELACIÓN COA CIDADE DE LUCUS AUGUSTI.

30 de  outubro

  • Almudena Santos González. Graduada en Turismo. 
  • SEMBRANDO NOVOS RETOS PARA UN ARDE LVCVS EUROPEO.

30 de  novembro

  • Ana Goy Diz. Cadeirádega de Historia do Arte da USC. 
  • POSIBILIDADES DE INTERVENCIÓN NO EDIFICIO DO CUARTEL DE SAN FERNANDO TRAS A DECLARACIÓN DE BIC.

30 de decembro

  • Gabriel Castelló Alonso. Escritor de novela histórica. 
  • GUERRAS CIVILES ROMANAS EN HISPANIA.

A concelleira quixo destacar a “implicación das asociacións” para manter as actividades culturais previstas, para, por un lado, manter o espírito e a chama da celebración. “Debemos reiventarnos por unha cuestión anímica, de insuflar optimismo á veciñanza” e quixo agradecer de novo “o gran traballo realizado polas 19 asociacións de recreacións histórica do municipio e a cidadanía en xeral, que se involucran ano tras ano no Arde Lvcvs e no Arde Lvcvs Cvltvral”.