O Salón de Comisións da Casa Consistorial acolleu este venres o fallo do concurso de fotografía do Arde Lucus, posto en marcha por González Almacén Fotográfico, coa colaboración do Concello. No certame, co que tamén colabora Olympus España , participaron máis de 150 fotografías.
O primeiro premio recaeu nunha fotografía de Ramón Fuentes García, que recolle unha manobra da Guardia Pretoriana. Consiste nunha cámara de fotos Olympus OMd-m 10 markii. O segundo, de Evaristo Carlos Pardeiro López, amosa un adestramento na Castra. O agasallo é unha cámara Olympus Tough TG-TRACKER. E por último, o terceiro premio, un vale de compra de 150 euros para canxear en calquera produto da tenda online
www.gonzalezalmacen.com, recaeu en Silvia Fernández Domínguez, que reflexa un momento do circo romano.
O xurado estivo composto polos profesionais da fotografía Julio Diego Leira Sanmartín, Alfredo Bongianni e Pablo Javier González Bastida