Poden mercarse, cun prezo de 3 euros e ata un máximo de dez por persoa, a través da web www.entradaslugo.es ou ben na Oficina Municipal de Turismo, na Praza do Campo
Esta cita terá lugar este venres, 14 de xuño, na explanada do Pavillón Municipal, ás 21:00 horas e correrá a cargo das asociacións de recreación histórica Caetra Lucensium, Mercenarios Galaicos e Guardia Pretoriana
Mañá remata o prazo de inscrición para a III Mvrvs Lvcis, que se disputará tamén o venres, ás 12 da noite, polo adarve da Muralla
O Harpastv, o espectáculo do Arde Lvcvs entre o fútbol e o rugby, aínda ten entradas á venda. Poden mercarse, cun prezo de 3 euros e ata un máximo de dez por persoa, a través da web www.entradaslugo.es ou ben na Oficina Municipal de Turismo, na Praza do Campo.
Esta cita terá lugar este venres, 14 de xuño, na explanada do Pavillón Municipal, ás 21:00 horas e correrá a cargo das asociacións de recreación histórica Caetra Lucensium, Mercenarios Galaicos e Guardia Pretoriana.
III Mvrvs Lvcis
A Mvrvs Lvcis, que reta por terceiro ano nunha carreira polo adarve da Muralla a romanos e castrexos, pecha mañá a súa inscrición. O límite de inscricións será de 200 persoas, 100 romanos e romanas e 100 castrexos e castrexas, e a idade mínima para participar é de 16 anos. Todas as persoas que desexen participar deben inscribirse a través da páxina web www.championchipnorte.com. O custo da inscrición é de 3 euros e inclúe vestimenta de caracterización, a elixir á hora da inscrición entre romano ou castrexo. As prazas iranse esgotando por rigusoa orde de inscrición. Así mesmo, avituallamento líquido ao rematar a proba.
A proba deportiva do Arde Lvcvs celebrarse tamén o venres, 14 de xuño, a partir das doce da noite. Esta carreira nocturna constará dunha volta polo adarve da Muralla, correndo o grupo dos romanos e o dos castrexos en sentido contrario, é dicir, un grupo sairá cara a dereita e outro cara a esquedra, sentido que escollerá un representante do grupo romano e do grupo castrexo co xogo da moeda ao aire.
A recollida de dorsais e vestimenta realizarase no centro colaborador do evento Forus Lugo, na rúa Iglesias Otero, o mércores 12 de xuño, a partir das 16:00 horas, e o 13 e 14 de xuño en horario da apertura do centro. Haberá un gañador e unha gañadora absolutas en cada categoría (romana ou castrexa) e un equipo gañador, que resultará da suma dos 15 mellores tempos masculinos e 10 femininos de cada categoría.
A proba comezará e rematará na praza de Pío XII, onde todas as persoas participantes están convocadas ás 23:45 horas, para comezar a carreira 15 minutos máis tarde.
Máis información na web oficial destes festexos www.ardelucus.com.