Será de xeito telemático e correrá a cargo do escritor de novela histórica, Gabriel Castelló Alonso.As e os interesados poderán seguil o mércores dende as 20:00 horas dende o auditorio do Vello Cárcere. A entrada é libre ata completar aforo.
Esta programación contempla mañá martes, ás 12:30 horas, un taller sobre a historia da Lórica Hamata romana nas redes sociais oficiais do Arde Lvcvs.
As ponencias, organizadas pola área de Xuventude e a Cohors III Lucensium, enmarcadas dentro da programación do Arde Lvcvs Cvltvral rematan este mércores, 30 de decembro. Neste caso correrá a cargo de Gabriel Castelló Alonso, escritor de novela histórica, que de xeito telemático falará sobre as Guerras civís romanas en Hispania. As e os interesados nesta conferencia poderán seguila dende as 20:00 horas dende o auditorio do Vello Cárcere. A entrada é libre ata completar aforo.
Estas conferencias celebráronse os días 30 de cada mes dende setembro, e afondaron sobre o faro romano de Brigantium Flavium e a súa relación coa cidade de Lucus Augusti, os retos para un Arde Lvcvs Europeo e as posibilidade de intervención no edificio do Cuartel de San Fernando, tras a declaración de BIC.
A programación do Arde Lvcvs Cvltvral, que organiza o Concello xunto ás asociacións de recreación histórica luguesa, contempla mañá martes, 29 de decembro, con Salesiani Luci Augusti, un taller sobre a historia da Lórica Hamata romana. Así mesmo, ofrecerá unha explicación de como confeccionala, dende a adquisición do arame á finalización total. Será ás 12:30 horas, dende as redes sociais oficiais do Arde Lvcvs.
Dende mediados de setembro, esta programación ofreceu distintas ponencias e charlas, impulsadas polos colectivos Cohors III Lucensium e Vestales de Lucus Augusti; andainas, coa Guardia Pretoriana e Salesiani Luci Augusti, paseso con Paulo Fabio Máximo e Güidox, e unha búsqueda do tesouro con Asemblearias Lucus Augusti.