A programación do Arde Lvcvs Cvltvral, posta en marcha pola área de Xuventude xunto ás asociacións de recreación histórica de Lugo e que arrincou o pasado mes de outubro con actividades adaptadas ao novo escenario provocado pola covid-19, ofrece esta fin de semana un paseo polo pasado romano do barrio do Carme e a actividade da Búsqueda do Tesouro da Emperatriz.
A andaina, guiada por Paulo Fabio Máximo e Güidox, acompañados por un lictor, partirá ás 17:00 horas dende a Praza de Armañá. Dada a situación sanitaria actual o grupo máximo de persoas é de 10. As prazas xa están esgotadas e hai lista de agarda.
O domingo, Asamblearias de Lucus Augusti desenvolverá, no exterior do CEI-NODUS, a Búsqueda do Tesouro da Emperatriz, en quenda de mañá de 11:30 a 13:30 horas, e de tarde, de 17:00 a 19:00 horas. Trátase dun xogo de pistas, onde os nenos e nenas participantes, dun xeito divertido e didáctico, descubrirán as vestimentas romanas, ben sexa resolvendo acertixos, contestando preguntas, rematando puzzles... En xornada de mañá haberá un grupo de 10 e de tarde, outros 10. Para participar é precisa inscrición, en xuvenetude@lugo.gal ata o venres, achegando nome e apelidos do neno e nena e autorización do pai/nai/titor ou tirora. Durante o desenvolvemento da actividade o pai/nai/titor ou tirora non poderá abandonar o recinto do CEI-NODUS.