O Arde Lvcvs Cvltvral da paso ao propio Arde Lvcvs con dúas conferencias, un concerto e a presentación dun documental. Hoxe martes haberá un relatorio, baixo o nome de Habitando a Terra, coa escritora e investigadora Ana Mar Fraga. Mañá será a quenda da licenciada en dereito Beatriz Pelayo, do escritor Daniel Cuadrado e do arqueólogo Marco Almansa, que ofrecerán unha charla sobre o código militar romano e a Hispania Romana. Ambas as dúas, enmarcadas no X Ciclo de Conferencias da Cohors III Lucensium, comezarán ás 20:00 horas, no auditorio do Vello Cárcere. O mércores, tras a finalización da conferencia, aproximadamente ás 21:00 horas, Abraham Cupeiro ofrecerá un concerto.
O xoves 13, presentarase o documental PEPLUM; sobre as películas rodadas en España, baixo a dirección de Eugenio Rodríguez Rego. Será ás 19:00 horas, tamén no centro sociocultural do Vello Cárcere.
Xa ás 21:00 horas arrincarán os festexos do Arde Lvcvs, que cumpren a maioría de idade nesta edición. A Ponte Romana será de novo testemuña da entrada das lexións romanas ao mando de Caio Antistio. Ás 21:30 horas, nas Termas Romanas, os augures bendicirán a todas as tropas e os estandartes.