Fondo de la web Logotipo Arde Lucus Logotipo Concello de Lugo
Listado de los idiomas
       
O Arde Lucus acode a Fitur na procura de maior proxección internacional para atraer turismo estranxeiro

22-01-2020

O Concello de Lugo promocionará a festa de recreación histórica cun vídeo, filmado durante as celebracións e editado en cinco idiomas ao que este ano se incorpora, como novidade, o chinés

A alcaldesa Lara Méndez, e a edil de Xuventude, Ana González Abelleira, difundirán ao mundo as excelencias desta celebración xa catalogada de Interés Turístico Nacional

As portas da Muralla volverán abrirse a romanos e castrexos o último fin de semana de xuño. A promoción da XIX edición do Arde Lucus comeza a coller forma coa súa presentación, este xoves en Fitur donde a alcaldesa, Lara Méndez, e a edil de Xuventude, Ana González Abelleira, difundirán ao mundo as excelencias desta celebración xa catalogada de Interés Turístico Nacional.

A responsable de Xuventude, área organizadora dos festexos, cualificou FITUR como “un escaparate inmellorable” para que o concello amose as súas bondades, tendo en conta que na pasada edición participaron máis de 10.000 empresas e 140.000 profesionais de 165 rexións diferentes.

“O pistoletazo de saída non pode ser mellor para o Arde Lucus que, coma todos os anos, achegaremos a través dun vídeo promocional. Unha proxección baseada en imaxes reais, que foron gravadas durante a propia celebración polo que reflicte á perfección o espíritu e a esencia destas festas”, referiu Ana González Abelleira.

A edil adiantou tamén que, como novidade, a filmación editouse en cinco idiomas, un máis dos habituais (galego, castelán, inglés e francés), incorporando, neste caso, o chinés.

Unha estratexia que obedece “á vontade do executivo de alcanzar unha proxección internacional, atraer turismo extranxeiro e incrementar a nosa pegada nese país co que nos unen moi boas relacións derivadas do hermanamento, entre Murallas, que mantemos dende 2007”, explicou Abelleira.

O Concello de Lugo acode a Madrid para promocionar dúas campañas: Lugo Km 100, coa que se quere poñer en valor a cidade e os diferentes Camiños de Santiago que discorren polo termo municipal, e a festa de recreación histórica Arde Lucus.

“Neste punto de encontro global do sector turístico – explicou Lara Méndez - daremos a coñecer todo o noso patrimonio inmaterial, relacionado co modelo de cidade sustentable, inclusivo, humano e accesible cara o que camiñamos, onde os recursos turísticos que posuímos son outra das fortalezas que complementan a nosa riqueza histórica, paisaxística, artística e monumental”, subliñou a rexedora ao tempo que apuntou como unha das principais liñas de traballo da administración local que “aqueles que nos visitan poidan desfrutar dunha experiencia non só de coñecemento de todos os valores tanxibles que temos en Lugo senón tamén daqueles outros menos visibles pero que están estreitamente relacionados coa gran calidade de vida da que gozamos as e os habitantes de Lugo”

Durante o seu paso por Fitur a delegación lucense asistirá tamén á presentación da campaña “E para comer Lugo”, da Asociación de Hostaleiros así como a outras promovidas dende a Deputación Provincial e a Xunta de Galicia.

Audio

  • A edil Ana Abelleira, sobre a presentación do XIX Arde Lucus en Fitur | Descargar mp3