O sábado, esta programación volve achegarlle á veciñanza un novo paseo con Paulo Fabio Máximo e o liberto Javicus, neste caso cun percorrido polo acueducto e o MIHL. O punto de partida será a Praza da Milagrosa, ás 17:00 horas
Lucus Equites e Terra Copora dirixirán unha escola de lexionarios e un obradoiro para achegarse ao mundo castrexo o sábado, na Praza Maior, que tamén acollerá un desfile de moda
Hoxe tamén se abre o prazo de inscrición, ata o día 17 de maio, para participar na quinta edición do concurso de decoración de escaparates de establecementos, para celebrar o Arde Lvcvs. As inscricións deben facerse no 010
Hoxe xoves, ás 20:00 horas comeza o Ciclo de cine aqueolóxico do Arde Lvcvs Cvltvral, coa película Enxeñería romana: Acueductos II, dunha duración de 50 minutos. A escolma de filmes continuará mañá venres, con O enigma da tumba celtae o sábado, con O Harén do faraón Sol.
O sábado, esta programación de inspiración romana e castrexa volve achegarlle á veciñanza un novo paseo con Paulo Fabio Máximo e o liberto Javicus, neste caso cun percorrido polo acueducto e o Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL). O punto de partida será a Praza da Milagrosa, ás 17:00 horas.
Tamén se celebrarán dous talleres, en xornada de mañá e tarde, no fondo da Praza Maior, de 12:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 19:00 horas. Un deles será unha escola de lexionarios para nenos e nenas, a cargo da asociación de recreación histórica Lucus Equites, e otro para achegarse ao mundo castrexo, co colectivo Terra Copora.
Este mesmo día terá lugar o desfile de moda romana e castrexa, a partir das 18:00 horas, tamén na Praza Maior. Xa o domingo, na Casa da Xuventude, disputarase a final dos xogos romanos de taboleiro.
Para participar en calquera destas actividades, que son de balde, é preciso inscribirse a través do 010 ou no teléfono 982297350 para os de fóra de Lugo.
Outras actividades
O sábado, a Casa da Xuventude acollerá de novo os talleres para facer un traxe para os festexos do Arde Lvcvs, que terá lugar todos os sábados, ata xuño, de 10:30 a 13:30 horas, e o taller de tambores, tamén todos os sábados, ata o 8 de xuño, das 10:30 ás 13:30 horas. Ademais, na Sala de Exposicións de Porta Miñá aínda se pode visitar a exposición sobre a evolución da armatura do retiario.
V concurso de escaparates Arde Lvcvs
Hoxe tamén se abre o prazo de inscrición, ata o día 17 de maio, para participar na quinta edición do concurso de decoración de escaparates de establecementos, para celebrar o Arde Lvcvs. Poderán participar todos os establecementos comerciais que se atopen no termo municipal de Lugo. As insrición, que son gratuítas deben facerse a través do teléfono 010.
Outorgaranse tres premios, un primeiro de 1.000, un segundo de 500 e un terceiro de 300. Os escaparates terán que ser exhibidos, como mínimo, do 3 ao 16 de xuño, último día destes festexos de recreación histórica; e terán que acreditar a súa participación situando, nun lugar visible, o distintivo proporcionado polo Concello.
Un xurado profesional será o encargado de escoller os establecementos comerciais gañadores. As persoas que conforman o xurado visitarán as instalacións para a valoración e concederán, segundo o seu criterio, os premios que consideren oportunos, reservándose a posibilidade de declarar desertos os que estimen convinte. Valorarase, entre outros aspectos, os materiais empregados, a dificultade do proceso de elaboración, a orixinalidade ou a vistosidade.