Fondo de la web Logotipo Arde Lucus Logotipo Concello de Lugo
Listado de los idiomas
       
Cohors III Lvcensivm presenta a moeda romana oficial do Arde Lucus 2024

30-05-2024

A moeda romana oficial deste ano 2024 está dedicada a un dos fundadores do colectivo, o arquitecto Manuel López Guitar (Guiti). Miguel Alvelo, presidente da asociación, explicou que a peza non é unha réplica dunha moeda da época, senón que optaron por reproducir a Minerva, a deusa da guerra e das artes, e por outro lado, a imaxe dun escriba romano cuxo corpo foi atopado nunhas escavacións en Flavia Solvia. 

Deste xeito, faise unha dedicatoria a Guiti, que foi un referente en temas de escritura romana.

A moeda romana estará á venda por un prezo de 2,5€ e poderá adquirirse en distintos comercios e establecementos de hostalería que colaboran coa asociación.