Fondo de la web Logotipo Arde Lucus Logotipo Concello de Lugo
Listado de los idiomas
       
Centuria Lucus Augusti anunciará este ano o Arde Lvcvs, que se celebrará os días 15, 16 e 17 de xuño

01-03-2018

O Arde Lvcvs MMXVIII xa ten imaxe oficial, Centuria Lucus Augusti, protagonizado por tropas romanas que fican ao carón da Muralla de Lugo. O Concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Persoal, Daniel Piñeiro, achegouse este venres á Casa da Xuventude, onde deu a coñecer o cartel anunciador tras a deliberación dun xurado profesional. O traballo gañador será o cartel que anunciará esta festa declarada de Interese Turístico Nacional, que terá lugar os días 15, 16 e 17 de xuño, tal e como se establecía nas bases do certame convocado polo Concello.

O deseño gañador, obra do lucense Óscar Seijas Sánchez, foi seleccionado por un xurado do que formaron parte os deseñadores gráficos Enrique Bonet e Lucía Barrios, así como a directora da Escola Superior de Arte e Deseño, Ramón Falcón, Esther Muñoz, entre os dez traballos finalistas; é dicir, entre os dez máis votados pola cidadanía a través dunha votación popular no facebook oficial destes festexos, que rexistrou 2.710 votos válidos. O gañador recibirá un premio de 1.000 euros.

Para máis información sobre o Arde Lvcvs pódese consultar a páxina web www.ardelucus.com e as contas oficiais nas redes sociais facebook, twitter, instagram e youtube.