O primeiro premio, dotado de 1.000 euros, recaeu na floristería Glayds, o segundo, de 500 euros, na tenda de roupa Mecos, e o terceiro, de 300 euros, no establecemento Tobarix
A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, e o presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas, entregaron este xoves, na Sala de Usos Múltiples do Edificio de Novas Tecnoloxías, os premios correspondentes a unha nova edición do certame de decoración de escaparates e establecementos doArde Lvcvs. Trátase dun concurso posto en marcha polo Concello, en colaboración coa Federación de Comercio, para implicar ao comercio local de proximidade nestes festexos de recreación histórica, promovendo entre os establecementos a decoración inspirada na Antiga Roma, facéndose así máis atractivos ao público.
Carmen Basadre e José María Seijas agradeceron a implicación dos 3 locais gañadores e de todos os participantes, que ano tras ano vanin crescendo, ao tempo que destacaron a orixinalidade das creacións. Tamén tiveron palabras para animar ao comercio a seguir involucrándose en todas as accións que permitan un maior desenvolvemento de Lugo e a facer entre todos cidade.
O primeiro premio, dotado de 1.000 euros, recaeu na floristería Glayds, o segundo, de 500 euros, na tenda de roupa Mecos, e o terceiro, de 300 euros, no establecemento Tobarix.