O Concello de Lugo convoca o Concurso de Deseño Gráfico para seleccionar o cartel que anunciará a celebración do Arde Lucus 2025, unha das festas máis emblemáticas de Galicia e declarada Festa de Interese Turístico Internacional. Este certame está aberto á participación de toda a poboación e ten como obxectivo elixir un deseño que reflicta o espírito da festa, que se celebrará do 12 ao 15 de xuño de 2025.
O traballo gañador será premiado cunha contía de 1.900 €, suxeito a retencións fiscais do 19%, segundo a Lei 35/2006 do 28 de novembro. Ademais, o cartel gañador será o cartel oficial da festa e empregaranse os restantes deseños presentados en exposicións públicas e nas redes sociais.
Os traballos deberán ser presentados en soporte ríxido para facilitar a súa exposición, en formato A3 e cunha copia dixital en resolución mínima de 1.890 X 2.645 px. O prazo de presentación remata o 24 de marzo de 2025. As propostas deberán entregarse no Rexistro do Concello de Lugo e envíaráse unha copia do envío a través de medios electrónicos á dirección de correo xuventude@lugo.gal.
As obras presentadas serán expostas nas redes sociais do Arde Lucus, onde se realizará unha votación popular. As 50% das obras máis votadas pasarán a un xurado especializado que seleccionará ao gañador. O xurado estará composto por expertos en deseño gráfico e persoas vinculadas á cultura e á festa do Arde Lucus.
O xurado terá en conta a orixinalidade, creatividade, deseño, compopsición estética e caidade, ademais doutros aspectos.
O cartel gañador será propiedade do Concello de Lugo, que poderá cedelo a terceiros para a súa exhibición e reprodución. Os autores cederán ao Concello todos os dereitos de explotación das súas obras, conservando só os dereitos de autor para incluílas no seu currículo.
Este concurso supón unha oportunidade para que os artistas e creativos contribúan á imaxe dun evento que cada ano atrae a miles de visitantes a Lugo. Para máis información e para consultar as bases completas do concurso, pode acceder a https://deputacionlugo.gal/sites/deputacionlugo.org/files/inline-files/24-02-2025_0.pdf#page=15 (Página 15 - Lugo)