A área de Xuventude, dentro da súa aposta por manter vivo o espírito do Arde Lvcvs inicia dunha campaña itinerante pola Meseta Norte
O executivo de Lara Méndez, acaba de dar un paso máis, dentro da súa aposta por manter vivo o espírito do Arde Lvcvs dende a concelleira de Xuventude, Ana Gonzalez, co inicio dunha campaña na traseira integral de autobuses da compañía Alsa que estarán en continuo movemento pola meseta Norte co fin de convocar en Lugo aos amantes desta festa de recreación histórica na vindeira edición, a número 20.
“Estamos a falar dunha inserción publicitaria itinerante nun soporte de gran visibilidade e notoriedade, onde a imaxe do Arde Lucvs será visualizada nas zonas de Madrid, Cantabria, País Vasco e Galicia, entre outras, alcanzando tanto a viandantes como a condutores, chegando a un amplo volume de persoas” explicou a edil.
O Concello de Lugo xa está a traballar no Arde Lvcvs 2021. A entidade local, como ven sendo habitual dende hai anos rotulou a traseira integral de autobuses da compañía Alsa, os cales percorrerán a Meseta Norte, pasando polas comunidades de Madrid, Cantabria, País Vasco e Galicia, entre outras. Esta acción de publicidade enmárcase no convenio de colaboración asinado entre Concello e Grupo Alsa no pasado mes de xaneiro ao longo da última edición da Feira Internacional de Turismo (FITUR).