Fondo de la web Logotipo Arde Lucus Logotipo Concello de Lugo
Listado de los idiomas
       
O Goberno Local colabora coas asociacións de recreación histórica nos actos do aniversario da Muralla como Patrimonio da humanidade

29-11-2024

A área de Xuventude prestou apoio a varios destes colectivos que realizarán un desfile polas rúas do centro e unha ofrenda ante a Mosqueira coa que festexar o 24 cabodano. 


A Goberno Local colabora coas asociacións de recreación histórica da cidade no desenvolvemento dos actos cos que o vindeiro sábado, día 30 de novembro, celebrarase o 24 aniversario da declaración da muralla como Patrimonio da Humanidade. Integrantes das asociacións nas festas do Arde Lucus serán os protagonistas dun desfile, a partir das 19.30 horas, con saída dende o fondo da Praza Maior. 

O percorrido continuará por diante do Colexio Franciscanos ata chegar ao Campo Castelo, para despois dirixirse á zona peonil da Mosqueira, onde terá lugar a ofrenda floral. Ademais, se procederá á lectura dun breve texto en lembranza daquel 30 de novembro do ano 2000, cando se obtivo a distinción de Patrimonio Mundial, por constituír o mellor exemplo vivo de fortificacións militares do Imperio romano tardío conservado en Europa. 

Unha vez rematado o acto fronte á Mosqueira, os integrantes das asociacións de recreación histórica retomarán o desfile polas rúas do centro da cidade, ao que accederán pola Porta de San Pedro, para continuar ata a Praza do Campo.