Esta carreira noctura constará dunha volta polo adarve da Muralla, correndo o grupo dos romanos (40) e o dos castrexos (62) en sentido contrario. A proba comezará e rematará na Praza de Pío XII
102 romanos e castrexos competirán deportivamente polo adarve da Muralla na carreira II Mvrvs Lvcis, que se celebrará na primeira xornada do Arde Lvcvs MMXVIII, este venres, 15 de xuño, a partir das 12 da noite. Esta carreira noctura constará dunha volta polo adarve da Muralla, correndo o grupo dos romanos (40) e o dos castrexos (62) en sentido contrario, é dicir, un grupo sairá cara a dereita e outro cara a esquedra, sentido que escollerá un representante do grupo romano e do grupo castrexo co xogo da moeda ao aire.
A recollida de dorsais e vestimenta realizarase no centro colaborador do evento Forus Lugo, na rúa Iglesias Otero, entre hoxe mércores e o venres. Haberá un gañador e unha gañadora absolutas en cada categoría (romana ou castrexa) e un equipo gañador, que resultará da suma dos 15 mellores tempos masculinos e 10 femininos de cada categoría.
A proba comezará e rematará na Praza de Pío XII, onde todas as persoas participantes están convocadas ás 23:45 horas, para comezar a carreira 15 minutos máis tarde.