Fondo de la web Logotipo Arde Lucus Logotipo Concello de Lugo
Listado de los idiomas
       
Cuenta atrás para el Arde Lvcvs MMXIX con más de 50 actividades romanas y castreñas, organizadas por Ayuntamiento y asociaciones

15-03-2019

Carmen Basadre, acompañada por representantes da Cohors III Lucensium e Senatus Lucus Augusti, presentou a programación do Arde Lvcvs Cvltvral, que arrinca hoxe mesmo cunha exposición e o III Adestramento Nacional de Gladiatura

Entre as novidades da programación destacan as Catas con Baco. Por segundo ano haberá paseos pola cidade con Paulo Fabio Máximo e celébrase o décimo aniversario do ciclo de conferencias

A programación tamén contempla cine, un Convivium (cena de confraternidade), obradoiros coas asociacións, degustación de pan romano e un desfile de moda, entre outros

Ata o inicio do Arde Lvcvs MMXIX quedan 90 días, pero entretanto Lugo será o escenario cultural ideal para acoller máis de medio cento de actividades de inspiración romana e castrexa, o Arde Lvcvs Cvltvral, que animarán á cidade ata a celebración da festa, os días 14, 15 e 16 de xuño. Para elo, o Concello e as 17 asociacións de recreación histórica de Lugo organizaron unha coidada programación gratuíta que ofrecerán á cidadanía dende cine arqueolóxico a catas, pasando por conferencias, paseos pola cidade, ou obradoiros, entre outros. Trátase pois, de continuar traballando  por dar a coñecer a historia de Lugo. 

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua,  Carmen  Basadre, acompañada por membros dos colectivos Cohors III Lucensium e Senatus Lucus Augusti, foi a encargada de presentar as actividades, que arrincan hoxe mesmo cunha exposición da evolución da armatura do retiario na Porta Miñá, que poderá verse ata o 16 de xuño, e co III Adestramento Nacional de Gladiatura, que por primeira vez se celebrará en Lugo, ao longo desta fin de semana. Inclúe unha charla sobre a evolución da armatura do retiario, outra sobre a tipoloxía e técnicas de loita gladiatoria segundo as fontes históricas, e unha última sobre a historia de Borea, o gladiator hispano. Tamén contempla unha mesa redonda sobre regras, armas e materiais das loitas nas representacións. No acto, a edil tivo palabras de agradecemento para todas e cada unha das asociacións polo seu traballo en busca da difusión dos festexos e do patrimonio histórico lugués. 

Entre as novidades da programación están as Catas con Baco, que se celebrarán o 28 de marzo e o 4, 11 e 25 de abril, a cargo de Isabel Lozano Verdes. Serán ás 20:00 horas no Vello Cárcere. Hai 20 prazas para cada unha das citas. 

Por segundo ano consecutivo, Paulo Fabio Máximo e o Liberto Jávicus guiarán distintos percorridos pola cidade, en concreto pola Muralla, polas Termas Romanas, polo acueducto e polos xacementos arqueolóxicos. Haberá unha ruta por mes, o 23 de marzo, o 6 de abril, o 4 de maio e o 8 de xuño. A saída é as 17:00 horas, dende o miliario da Praza de Armañá, salvo a do 4 de maio, que ten como punto de saída a Praza da Milagrosa. 

Volve celebrarse tamén un ciclo de cine arqueolóxico, a primeira semana de maio, os días 2, 3 e 4, a partir das 20:00 horas no Vello Cárcere. As persoas asistentes poderán gozar cos filmes Enxeñería romana: Acueductos II, O enigma da tumba celta e O harén do faraón Sol. 

X Ciclo de Conferencias Arde Lvcvs
As conferencias da Cohors III Lucensium cumpren 10 anos nesta edición. Para conmemoralo prepararon 9 charlas e un concerto, entre o venres, 31 de maio e o mércores 12 de xuño, todas elas ás 20:00 horas no Vello  Cárcere. O historiador Felipe Arias, o catedrático de xeografía Rubén Camilo Lois, o arqueólogo municipal Enrique González, o arqueólogo Iván álvarez, a Directora do Museo Privincial de Lugo , Aurelia Balseiro, os arqueólogos Enrique Alkorta e Ceslo Rodríguez, a escritora Ana Mar Fraga, a licenciada en dereito Beatriz Pelayo, o escritor Daniel Cuadrado e o arqueólogo Marco Almansa serán os encargados de dirixir os distintos relatorios que versarán sobre temas tan diversos como o Templo de mitra, o código militar romano, a cerámica romana ou a minfería romana, entre outros. Pechará esta programación o concerto de Abraham Cupeiro. 

Obradoiros coas asociacións
Como vén sendo habitual, o Arde Lvcvs Cvltvral engloba diversos obradoiros. O primeiro deles terá lugar mañá sábado, 16 de marzo, no MIHL, de 17:00 a 19:30 horas; coa asociación Ara Roma. As persoas participantes aprenderán a crear un templo con teselas e a coñecer os deuses. Esta mesma asociación tamén dirixe outro taller o día 23 de marzo, no Museo de San Roque, de 11:30 a 13:30 horas, co obxecto de realizar velas, para logo usalas en ofrendas. 

O último sábado do mes, o 30 de marzo, volverá celebrarse a Festa Beltayne, con xogos galaicos, pintado de caras con pictos galaicos ou representación de vodas celtas. Será das 16:30 ás 20:00 horas, na Praza Horta do Seminario, e participarán as asociacións Mercenarios Galaicos, Trebas Galaicas, Clan de Breogán, Lugdunum e Civitas Lucensis. 

En abril arrincará un obradoiro de teatro clásico de mitoloxía e un taller para facer vestimenta romana ou castrexa. Tamén habéra  un obradoiro de escritura romana impartido por Pax Romana, o día 6, das 16:30 ás 20:30 horas no Mercado Municipal; un obradoiro sobre O mito da medusa, o día 13, das 17:00  ás 19:00 horas no Museo de San Roque, obradoiros de tambores na Casa da Xuventude todos os sábados dende o 13 de abril ao 8 de xuño e un taller sobre xogos, o dia 27 no MIHL, das 11:00 ás 13:30 horas, con Salesiani Luci Augusti. No mes de abril tamén se proxectará O poder oculto de Roma, con Ara Roma, o día 5 ás 20:00 horas no Vello Cárcere. Así mesmo, haberá unha busca do tesouro, o 27 de abril, con Asemblearias de Lucus Augusti no MIHL, tanto en xornada de mañá como de tarde, e disputarase a final dos xogos romanos de taboleiro, na Casa da Xuventude, o domingo 28. 

O primeiro sábado de maio, Lucus Equites organiza unha escola de lexionarios para nenas e nenos, tanto en xornada de mañá como de tarde, no fondo da Praza Maior. Ese mesmo día, á 18:00 horas, celebrarase o desfile de moda romana e castrexa. Ao día seguinte, Terra Copora falará sobre o mundo castrexo no Museo de San Roque, das 11:30 ás 13:30 horas e das 17:00 ás 19:00 horas. 

A seguinte fin de semana, o sábado 11, haberá unha actuación teatral: Minotaurus Vulgaris, con Lucecús teatro, ás 20:00 horas no Vello Cárcere. Ás 22:00 horas celebrarse unha cea de confraternidade, Convivium, para 80 persoas. Ademais do 11 ao 17, a Garda Pretoriana amosará unha maqueta de Lugo no s.IV d.c no Vello Cárcere. Como os últimos días 17 de maio, os soportais da Praza Maior acollerán a degustación e venda de pan romano, das 11:30 ás 14:00 horas. 

O mes rematará  cunha charla sobre A medicina despois das loitas na Gallaecia, a cargo de Miguel Alvelo, ás 20:00 horas o 25 de maio no Balneario de Lugo. Previamente, ás 16:00 horas na Ponte Romana, Tir Na N`og ofrecerá unha xornada de cultura gastronómica da época castrexa. Saleciani Luci Augusti tamén inaugurará a finais do mes a súa exposición de teatro de comedia e traxedia romana, no salón de actos do colexio Divina Pastora. 

Xa a primeiros de xuño, o sábado 8, o Senatus Lucus Augusti interpretará A conxura Senatorial, ás 19:00 horas no Balneario de Lugo. E ás portas do inicio da Festa de Interese Turístico Nacional, concretamente o xoves 13, presentarase o documental Peplum, ás 19:00 horas no Vello Cárcere, sobre as películas históricas rodadas en España. Estará presente o seu director, Eugenio Rodríguez Rego.

Concurso de escaparates
O típico concurso de escaparates abrirá o prazo de inscrición do 2 ao 17 de maio. Os escaparates terán que ser exhibidos, como mínimo, do 3 ao 16 de xuño de 2019. Na quinta edición deste certame entregranse tres premios, de 1000€, 500€ e 300€, respectivamente. 

A inscrición para todas as actividades farase no Servizo de Información 010 do Concello, ou no 982-29-73-50 para os de fóra de Lugo. 
Para máis información, www.lugo.gal ou no 010.

18 anos de historia viva
Con motivo do 18 aniversario do Arde Lvcvs, estes festexos engloban un vídeo mapping con tres creatividades na porta Bispo Aguirre, San Fernando e da Estación. Na primeira delas este vídeo apoiarase con contido histórico, e nas outras dúas, as creatividades recordarán a historia romana de Lugo. Exhibiranse xa dende o xoves 13 de xuño. Tamén haberá un concerto a cargo do grupo berlinés Corvux Corax, con melodías ancestrais e ritmos poderosos.

Audio

+INFO