O Arde Lvcvs Cvltvral celebra o 25 aniversario da festa cunha ambiciosa programación de historia, patrimonio e deporte
Comparte
O concelleiro Jorge Bustos presentou as preto de 20 actividades que compoñen o “Annvs Argentevs”, unha proposta que se desenvolve desde abril ata o 19 de xuño.
O Arde Lvcvs Cvltvral xa está en marcha para conmemorar por todo o alto o 25 aniversario da gran festa de recreación histórica de Lugo. O concelleiro de Urbanismo, Deportes e Xuventude, Jorge Bustos, presentou unha programación que inclúe case 20 actividades deseñadas para poñer a historia, o patrimonio, o deporte, o ocio e o turismo ao servizo desta efeméride. Este programa paralelo aos actos propios da festa, que terá lugar do 18 ao 21 de xuño, destaca pola estreita colaboración de colexios, clubs deportivos, asociacións e o Servizo Municipal de Arqueoloxía.
Unha programación con moitas actividades
A programación arrancou con forza no mes de abril coa celebración da Asamblea Nacional da Asociación Española de Festas e Recreacións Históricas e diversos obradoiros de EcoPercusión nos centros de ensino da cidade. Durante o mes de maio, o deporte cobra protagonismo coa implicación de clubs como o CD Lugo e o CB Breogán, quen presentará unha camisola conmemorativa deste 25 aniversario. Ademais, os veciños e visitantes poderán gozar de exposicións como a maqueta de Lvcvs Avgvsti a escala ou a emblemática “conta atrás” na Mosqueira o vindeiro 30 de maio.
Historia, patrimonio e deporte
O patrimonio e a cultura terán o seu espazo destacado en xuño coa celebración do VIII Congreso Internacional da Sociedade de Estudos da Cerámica Antiga en Hispania (SECAH) e visitas guiadas polo patrimonio asociado á festa. Como broche final a este ciclo cultural, o 19 de xuño a Praza da Soidade acollerá unha gran actuación de EcoPercusión, pechando así un camiño de actividades que nos conducen directamente ao corazón do “Annvs Argentevs”
Outras novas
O Arde Lvcvs Cvltvral celebra o 25 aniversario da festa cunha ambiciosa programación de historia, patrimonio e deporte
O Arde Lvcvs Cvltvral celebra o 25 aniversario da festa...
Read MoreO Arde Lvcvs 2026 xa ten imaxe oficial para o seu ‘Annvs Argentevs’
O Arde Lvcvs 2026, no seu annus argenteus, xa ten...
Read MoreLugo brilla en FITUR 2026 coa súa cara máis internacional
O camiño cara ao 25 aniversario do Arde Lucus non...
Read More77 propostas para un “Ano de Prata” histórico
Lugo xa comeza a sentir o ruxido das lexións e...
Read More



