NOTICIAS

Renfe incrementa as tarifas promocionais con destino/orixe Lugo entre o 23 de xuño e o 3 de xullo

 

Renfe incrementa as tarifas promocionais con destino/orixe Lugo entre o 23 de xuño e o 3 de xullo coa meta de que todo aquel que queira poda visitar as nosas festas de recreación histórica. A continuación reproducimos a mensaxe de promoción e o enlace.

 

Do 30 de xuño ao 2 de xullo, retrocede no tempo e coñece a maxia da cidade de Lucus Augusti, destacada urbe e unha das capitais administrativas da Gallaecia Romana. Tres días para sumerxirte no legado cultural e histórico de Lugo en primeira persoa.

As rúas e plazas do renacido Lucus Augusti énchense de lume, música, seres de lenda, guerreiros celtas e lexionarios romanos, civitas e visitantes e seres mitolóxicos. Percorre a súa muralla, onde gozarás dun pasado máis vivo ca nunca; disfruta do circo e o teatro romano, os xogos, os mercados, o campamento militar e os asentamentos das tribus galaicas. 2.000 anos de historia espérante.

Renfe incrementa as tarifas promocionais con destino/orixe Lugo entre o 23 de xuño e o 3 de xullo, para que non te perdas esta festa, declarada de Interese Turístico Nacional.

 

Promoción Arde Lucus