Fondo de la web Logotipo Arde Lucus Logotipo Concello de Lugo
Listado de los idiomas
       
Lugo abre boca para o Arde Lvcvs MMXIX con nove conferencias de temática romana, dende este venres no Vello Cárcere

29-05-2019

Trátase dos relatorios da Cohors III Lucensium, que cumpren 10 anos nesta edición, enmarcados no Arde Lvcvs Cvltvral

Rematarán o 12 de xuño e serán todas ás 20:00 horas. A entrada é libre ata completar a cabida. Pechará esta programación o concerto de Abraham Cupeiro

Arde Lvcvs Cvltvral, que nos últimos tres meses ofreceu medio cento de actividades de inspiración romana e castrexa na cidade, previas ao Arde Lvcvs; celebra dende este venres, 31 de maio, e ata o mércores, 12 de xuño, un ciclo de charlas sobre distintos temática da historia Antiga Roma. Trátase das conferencias da Cohors III Lucensium, que cumpren 10 anos nesta edición. Todas elas serán ás 20:00 horas no Vello  Cárcere. A entrada é libre ata completar a cabida.

O historiador Felipe Arias, o catedrático de xeografía Rubén Camilo Lois González, o arqueólogo municipal Enrique González, o arqueólogo Iván Álvarez, a Directora do Museo Privincial de Lugo, Aurelia Balseiro, os arqueólogos Enrique Alkorta e Ceslo Rodríguez, a escritora Ana Mar Fraga, a licenciada en dereito Beatriz Pelayo, o escritor Daniel Cuadrado e o arqueólogo Marco Almansa serán os encargados de dirixir os distintos relatorios que versarán sobre temas tan diversos como o Templo de mitra, o código militar romano, a cerámica romana ou a minfería romana, entre outros. Pechará esta programación o concerto de Abraham Cupeiro.